A asociación

Sobre AGETAN

En AGETAN (Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, de Aventura e Natureza), somos a voz do turismo activo en Galicia, unindo ás principais empresas do sector cun firme compromiso cara ao desenvolvemento sostible, responsable e seguro.

O noso labor céntrase na promoción de actividades de turismo activo en Galicia que non só conectan ás persoas coa natureza, senón que tamén poñen en valor o noso patrimonio natural, paisaxístico e cultural. Cremos nunha Galicia onde a aventura e a conservación da contorna camiñan da man, respectando o medio ambiente e fomentando experiencias inesquecibles.

Decálogo de boas prácticas

Contacta connosco

Quién forma parte de AGETAN

Misión

Impulsar o turismo activo

A misión de AGETAN é impulsar o turismo activo en Galicia, promovendo experiencias auténticas que respecten e dean a coñecer a riqueza natural e cultural da comunidade.

A través da colaboración e o esforzo colectivo das nosas empresas asociadas, traballamos para ofrecer actividades que contribúan ao desenvolvemento económico local e a protección da nosa contorna natural.

Visión

Referentes en Galicia

En AGETAN querémonos proxectar como un referente no turismo activo en Galicia, a nivel nacional e tamén internacional.

Aspiramos a crear unha sólida rede de empresas que colaboren para innovar e ofrecer experiencias seguras, responsables e respectuosas co medio ambiente.

Valores

Protección da contorna

  • Soustentabilidade: Fomentamos prácticas responsables que aseguren a preservación da contorna natural.
  • Responsabilidade: Promovemos un turismo consciente, respectuoso coas persoas e o medio ambiente.
  • Seguridade: Velamos por ofrecer actividades seguras para todos os públicos, garantindo benestar en cada experiencia.
  • Colaboración: Cremos na unión das empresas do sector para alcanzar obxectivos comúns e crecer xuntos.

Desde Agetan estás fomentando…

Actividades seguras

A nosa misión é impulsar o turismo activo en Galicia, promovendo experiencias auténticas que respecten e dean a coñecer a riqueza natural e cultural da comunidade.

Beneficios de formar parte de AGETAN

Servizo de calidade

Garantimos a promoción dun servizo de alta calidade, adaptado ás necesidades de cada cliente, evitando a masificación e centrando a atención na satisfacción personalizada.

Acceso a proyectos y subvenciones para empresas de turismo activo en Galicia

Mellor equipo humano e técnico

Contarás co respaldo do mellor equipo, tanto humano como técnico, formado e comprometido co servizo que ofrecemos aos nosos usuarios.

Conservación do medio natural e patrimonio cultural

Colaborarás activamente na protección e conservación do rico patrimonio natural e cultural de Galicia, promovendo un turismo que respecta e preserva estes valiosos recursos.

Creación de empleo de calidade

Contribuirás á creación de emprego de calidade no sector, apoiando empresas que manteñen o seu compromiso coa sociedade a través dos seus impostos e a súa achega ao benestar colectivo.

Apoio as comunidades rurais

Favorecerás o desenvolvemento das poboacións rurais, promovendo o consumo de servizos e produtos locais, e contribuíndo á economía desas zonas de Galicia.

¿Por qué formar parte de AGETAN?

Prioridade a sostenibilidade

Apoiarás iniciativas que priorizan a sustentabilidade ambiental por encima do beneficio económico, asegurando un modelo de turismo que mira polo benestar da contorna a longo prazo.

Contribución a sostenibilidade e o ben común

Participarás en actividades que promoven a sustentabilidade e o ben común, aliñadas cunha xestión empresarial responsable e un firme compromiso coa sociedade e o medio ambiente.

Experiencias unicas e sostibles

Vivirás e ofrecerás experiencias emocionantes e seguras, que non só achegan valor aos turistas, senón que tamén contribúen a un modelo de turismo sostible en Galicia.

O decálogo de AGETAN

Compromiso coa natureza e o patrimonio galego

  1. A riqueza natural de Galicia, con ecosistemas fráxiles e especies únicas, esíxenos respectar e coidar os espazos onde levan a cabo as diferentes actividades dos nosos socios.
  2. Galicia, cunha gran parte do seu territorio baixo protección ambiental, comprométenos a evitar, na medida do posible, o uso de vehículos con motor de combustión nas actividades principais das nosas empresas. O sector aposta pola procura de alternativas de mobilidade máis sostibles e pola compensación da pegada de carbono, contribuíndo activamente á loita contra o cambio climático.
  3. O compromiso con Galicia e a súas comunidades locais impulsanos a fomentar o diálogo entre as distintas administracions. En AGETAN, traballamos en estreita colaboración coas autoridades responsables da xestión dos espazos naturais protexidos para asegurar unha coordinación efectiva na protección e uso responsable do noso patrimonio.
  4. O noso compromiso inclúe impulsar o desenvolvemento económico local de Galicia. Promovemos a canalización de fluxos turísticos cara ás áreas de acción dos nosos diferentes asociados, fomentando o consumo de produtos locais, servizos, restauración e aloxamento.
  5. Comprometémonos a ofrecer servizos accesibles que permitan a todas as persoas gozar das actividades de turismo activo na natureza. En AGETAN fomentamos a creación de experiencias inclusivas, adaptando as actividades sempre que sexa posible para que todos poidan participar.
  6. Valoramos os produtos de proximidade e as prácticas agrícolas sostibles. En AGETAN, fomentamos a inclusión de produtos locais e de Km0 nas nosas actividades, traballando da man con produtores locais para enriquecer a experiencia turística de maneira sostible.
  7. Comprometémonos a respectar a dignidade das persoas que traballan nas nosas empresas, velando por eliminar prácticas abusivas e loitando contra o intrusismo profesional. Así mesmo, traballamos activamente para reducir a brecha salarial e o teito de cristal, asegurando igualdade en condicións, responsabilidades e retribucións entre homes e mulleres.
  8. En AGETAN fomentamos a resiliencia empresarial, aprendendo dos nosos erros para mellorar continuamente a calidade e a seguridade dos nosos servizos. Participamos activamente en accions formativas, garantizando que as nosas empresas estean á vangarda dosector.
  9. Os compromisos que asumimos en AGETAN teñen un carácter aberto, en continua revisión e evolución. Adaptámonos aos cambios que nos desafían, cunha mirada sempre posta na mellora das nosas prácticas e no avance cara a un turismo máis sostible e responsable.
  10. En AGETAN apostamos pola dixitalización como ferramenta clave para optimizar procesos e mellorar a relación cos nosos potenciais clientes.

Se compartes os nosos valores e compromiso cun turismo activo, sostible e responsable en Galicia, convidámosche a formar parte de AGETAN e contribuír a un modelo que protexe a nosa terra e promove o benestar de todos.

Desde AGETAN Estarás a Fomentar

  1. Actividades seguras: Promoverás a realización de actividades na natureza con todas as garantías de seguridade, realizadas por persoal especializado, con materiais homologados e cos seguros de responsabilidade civil e accidentes necesarios para cada experiencia.
  2. Servizo de calidade: 
Garantimos a promoción dun servizo de alta calidade, adaptado ás necesidades de cada cliente, evitando a masificación e centrando a atención na satisfacción personalizada.
  3. Mellor equipo humano y técnico: 
Contarás co respaldo do mellor equipo, tanto humano como técnico, formado e comprometido co servizo que ofrecemos aos nosos usuarios.
  4. Conservación do medio natural e patrimonio cultural: 
Colaborarás activamente na protección e conservación do rico patrimonio natural e cultural de Galicia, promovendo un turismo que respecta e preserva estes valiosos recursos.
  5. Creación de empleo de calidade: 
Contribuirás á creación de emprego de calidade no sector, apoiando empresas que manteñen o seu compromiso coa sociedade a través dos seus impostos e a súa achega ao benestar colectivo.
  6. Apoio as comunidades rurais: 
Favorecerás o desenvolvemento das poboacións rurais, promovendo o consumo de servizos e produtos locais, e contribuíndo á economía desas zonas de Galicia.
  7. Prioridade a sostenibilidade: 
Apoiarás iniciativas que priorizan a sustentabilidade ambiental por encima do beneficio económico, asegurando un modelo de turismo que mira polo benestar da contorna a longo prazo.
  8. Contribución a sostenibilidade e ben común: 
Participarás en actividades que promoven a sustentabilidade e o ben común, aliñadas cunha xestión empresarial responsable e un firme compromiso coa sociedade e o medio ambiente.
  9. Experiencias únicas y sostibles: 
Vivirás e ofrecerás experiencias emocionantes e seguras, que non só achegan valor aos turistas, senón que tamén contribúen a un modelo de turismo sostible en Galicia.