Amare Turismo Náutico

Amare turismo náutico en Aroura

Amare Turismo Náutico

No ano 2013 xurdiu unha idea que cambiou o rumbo das nosas vidas e que marcou o inicio dunha apaixonante travesía. Tras anos de dedicación ás diferentes artes mariñeiras na Ría de Arousa, decidimos dar un xiro que nos permitise mostrar aos demais a riqueza e beleza da nosa contorna.

Información

Así foi como naceu Amare Turismo Náutico, unha firma que se fundamenta na paixón e respecto polo mar, e que ten como obxectivo compartir co mundo a beleza, a diversidade e a importancia dos labores mariñeiros da Ría de Arousa. Desde ese momento, a nosa misión foi clara: mostrar a riqueza natural e cultural, entrelazadas coas historias de quen habita e traballan na nosa zona, difundindo así as tradicións.

Lanzámonos á aventura, para crear unha empresa de turismo náutico que ofrecese unha visión auténtica e respectuosa do traballo do mar.

Desde entón, traballamos para construír e poder ofrecer experiencias únicas e inesquecibles. En Amare Turismo Náutico, non só organizamos excursións marítimas, senón que tamén compartimos historias, coñecementos e paixóns con todos aqueles que desexen embarcarse nunha viaxe xunto a nós.

Lembramos as nosas raíces e cada día celebramos a oportunidade de compartir cos demais nosa paixón polo mar, sempre, baixo o compromiso inquebrantable coa preservación da contorna que tanto amamos.

Illa de Arousa (Pontevedra)

+34 650 410 322