Roq Sport

Socio de AGETAN: Roq Par

Roq Sport

Vivindo nun lugar como Viveiro, o noso pobo, un lugar situado na Costa da Mariña Lucense e tradicionalmente receptor de moito turismo, a idea de crear unha empresa de turismo activo xurdiu case de forma natural debido á demanda dos visitantes e da propia poboación de Viveiro.

Información

Vivindo nun lugar como Viveiro, o noso pobo, un lugar situado na Costa da Mariña Lucense e tradicionalmente receptor de moito turismo, a idea de crear unha empresa de turismo activo xurdiu case de forma natural debido á demanda dos visitantes e da propia poboación de Viveiro.

A nosa situación xeográfica é ideal para a práctica de deportes na natureza: rodeados de montañas que non superan os 600 metros de altitude, situados nun val pronunciado, atravesado polo río Landro que desemboca no pobo, e cunha costa que combina praias con abruptas zonas rochosas. Contamos con todo o necesario para desenvolver unha gran variedade de modalidades deportivas na natureza.

Ademais da nosa afección polas actividades ao aire libre, como practicantes de varias disciplinas como ciclismo de montaña, piragüismo e orientación, desde 1998 levabamos organizando actividades deportivas durante o curso escolar e campamentos urbanos no verán, polo que xa tiñamos experiencia xestionando e guiando grupos.

Realizamos algunhas saídas guiadas, tanto en BTT como a pé, para o Concello, a Casa da Mocidade e outras institucións locais entre os anos 1999 e 2001. Con todo, foi en maio de 2002 cando naceu Roq Sport, concibida como unha empresa de servizos deportivos e de aventura, co número de rexistro REAT: TA-LU-03.

Ese verán de 2002 comezamos a realizar actividades de turismo activo de maneira regular, ofrecendo as seguintes actividades:

  1. Descenso en kaiak polo río Landro.
  2. Roteiros guiados de sendeirismo.
  3. Rutas guiadas en BTT e alquiler de bicicletas.
  4. Tiro con arco.

A medida que continuamos formándonos e traballando, fomos engadindo actividades. Primeiro incorporamos actividades con cordas: escalada, rápel e barrancos en niveis de iniciación. Despois, ampliamos a nosa oferta con orientación, paintball, roteiros guiados en quad e raids de aventura, entre outras, consolidando un importante repertorio de actividades cara ao ano 2006.

En 2017 comezamos a explorar a posibilidade de crear un punto de referencia para a maioría das actividades terrestres que ofreciamos, unha base situada nun lugar estratéxico que impulsase definitivamente a empresa. Aínda que sabiamos das dificultades para atopar o lugar adecuado e conseguir financiamento, afortunadamente xurdiu a oportunidade coa CCMM de San Roque e Penedo do Galo, que, tras aprobalo en asemblea, acordou alugarnos os terreos. Así pasamos a estar no sitio máis emblemático de Viveiro, o lugar máis visitado e unha referencia local.

Tras valorar varias opcións de terreos, finalmente decidímonos polo antigo Sementeiro, unha extensión de case tres hectáreas que se utilizaba como reserva de fauna (con burros, gamos, ovellas de Camerún, emús).

Que fixemos entón? Tiñámolo moi claro: creamos un Parque de Aventura que compartise espazo cos animais que viven en semilibertad. Deseñamos circuítos aéreos entre árbores con tirolesas para gozar da contorna. Tamén habilitamos unha área de picnic e creamos un circuíto ecolóxico de karts a pedais para nenos e adultos. Construímos un edificio que serviría como recepción de clientes, non só para o parque senón tamén para contratar ou realizar actividades na contorna do Monte San Roque e os seus arredores.

Despois de dous anos establecidos no Monte San Roque, a empresa traballa para consolidarse como un destino de turismo de natureza no norte de Galicia.

Actividades

PARQUE DE AVENTURA “ROQ PARK”
Ubicado no Monte San Roque, conta con casi 3 hectáreas de terreo con árbores autóctonos, circuitos aéreos entre los árbores, tirolinas e outros xogos.
No propio parque e alrededores pódense realizar actividades como iniciación al rápel, tiro con arco, circuito de karts a pedais, orientación, rutas guiadas en quad, saidas guiadas de sendeirismo e BTT.

ESCALADA, RÁPEL E DESCENSO DE BARRANCOS
En diferentes lugares preparados para esta práctica, ofrecemos servizos de asesoramento, guía e material necesario.

ORIENTACIÓN E RAIDS DE AVENTURA
Dispoñemos de todo o material necesario: kaiaks, SUPs, bicicletas, mapas, compases etc. Ofrecemos percorridos adaptados ao nivel dos clientes e supervisamos as actividades en todo momento.

RUTAS EN KAIAK, CANOAS E PADDLE SURF
Kaiaks individuais, biplazas, canoas de tres prazas, tablas de paddle surf, Big SUP para 10 persoas, sempre guiamos as actividades garantizando a seguridade dos participantes.

TIRO CON ARCO

PAINTBALL
Contamos cun campo de xogo de 10,000 m² con todo o equipamento necesario, incluindo marcadoras e proteccións.

PAINTBALL INFANTIL
Dispomos de marcadoras infantís e equipos adaptados para menores de 13 anos.

PAINTBALL MÓVIL
Un campo de xogo con obstáculos hinchables que poden instalarse en cualquer lugar adecuado.

GUÍAS DE SENDEIRISMO e BTT
Preparamos e guiamos rutas adaptadas as necesidades dos clientes, tanto en dificultade como en duración.

KARTS A PEDAIS
Ofrecemos circuitos educativos e rutas guiadas en karts a pedais para nenos e adultos.

OUTROS SERVIZOS

  • Animación e hinchables.
  • Organización de campamentos de verán.
  • Campus deportivos.
  • Xestión de escolas deportivas.
  • Organización de eventos e campionatos deportivos.
  • Cursos de formación para docentes.

Roq Park. Monte San Roque – Viveiro

646 514 602 – 606 863 119