Benvidos á comunidade de AGETAN, onde o turismo activo en Galicia cobra vida a través de experiencias únicas. Aquí poderás coñecer a todos e cada unha das nosas empresas asociadas, quen día a día se dedican a ofrecer actividades de turismo activo emocionantes, seguras e enriquecedoras nas catro provincias galegas.
Descobre aos verdadeiros protagonistas de AGETAN, quen, con paixón e coñecemento profundo do noso sector, crean experiencias para todo tipo de viaxeiros. Desde roteiros de sendeirismo en paisaxes verdes, e tranquilos, salto desde pontes ou paintball, ata deportes acuáticos nas nosas impresionantes costas e ríos, os asociados de AGETAN representan a diversidade e riqueza de actividades que Galicia ofrece a quen busca conectar coa natureza.
Convidámosche a explorar cada perfil, a descubrir que aventuras e experiencias propoñen e a deixarche levar pola maxia de Galicia en calquera estación do ano.





















