Piragüilla ocio

Socio AGETAN: Piragüilla

Piragüilla ocio

Desde Piragüilla queremos orientarche para que poidas gozar das mellores actividades para facer na Illa de Arousa.

Información

Desde Piragüilla queremos orientarche para que poidas gozar das mellores actividades para facer na Illa de Arousa.

Co alugueiro de kaiak en Arousa descubrirás a contorna privilexiada no que nos atopamos dun modo totalmente distinto, coa perspectiva que che ofrece o mar. Unha actividade que podes combinar co snorkel, e experimentar de primeira man a serenidade dos nosos fermosos fondos mariños.

Do mar tamén viven as mariscadoras. Podes meterche na pel destas heroínas e descubrir os segredos deste duro, pero tan importante oficio. Coñecerás así un modo totalmente novo de relacionarche coa natureza.

O alugueiro de bicicleta permitirache percorrer A Illa de Arousa dun modo activo e sostible. Porque todas as nosas actividades van enlazadas a protexer o medio ambiente para poder seguir gozando del.

O equipo de Piragüilla ama o que fai, e queremos transmitir a nosa paixón polas actividades ao aire libre. Asesorarémosche para descubrir que é o que máis se adapta ás túas necesidades. Porque cada persoa é un mundo.

Av. da Ponte, nº 174
C.P. 36626 A Illa de Arousa (Pontevedra)

625 33 63 23

oficina@piraguilla.com