Vianova Aventura
Vianova Aventura compóñeno un grupo de Técnicos deportivos, cunha ampla experiencia no sector deportivo, educativo e actividades no medio natural.

Vianova Aventura compóñeno un grupo de Técnicos deportivos, cunha ampla experiencia no sector deportivo, educativo e actividades no medio natural.
Navegar en kaiak polo canón do río Sil ou descubrir o Descenso Internacional de Galicia nun Balsa de Rafting, dominando as correntes do río máis caudaloso da comunidade Galega.
Divertirte na auga realizando canoaxe no Río Candís, nacido nas saias de Peña Trevinca, onde os saltos, tobogáns e rápelles farán que sumes unha experiencia inesquecible aos teus recordos.
Vianova Aventura compóñeno un grupo de Técnicos deportivos, cunha ampla experiencia no sector deportivo, educativo e actividades no medio natural.
A nosa experiencia profesional en diferentes disciplinas deportivas lévanos a emprender esta aventura co fin de divulgar as actividades deportivas no medio natural para todos.
Por tanto, non só é unha actividade de aventura senón que a converteremos nunha experiencia na que sacarás proveito a multitude de conceptos.
Centrámonos en enriquecer o teu contacto co medio natural co material que che acompañará toda a túa vida, e é simplemente, o teu corpo.
Desenvolvendo un compromiso ambiental, emprendemos accións encamiñadas á preservación do medio ambiente, favorecendo ao desenvolvemento sostible e o respecto pola contorna que nos rodea desenvolvendo temas de Educación ambiental.
Todas as nosas actividades están supervisadas e controladas por persoal cualificado e experimentado en actividades deportivas no medio natural como na actividade deportiva no ámbito educativo.
A nosa empresa está dada de alta no rexistro de empresas turísticas de Galicia e conta cun seguro de responsabilidade civil e accidentes #de acordo con o decreto 42/2001 de Galicia.
O rexistro en turismo de Galicia de Vianova Aventura é TA-OR-106.